11 mar 2015

O escritor Francisco Xosé Fernández Naval impartiu unha charla sobre a súa última novela "A noite branca" o día 9 de marzo de 2015, ao alumnado de 2º de Bacharelato. Foi todo un éxito.
A foto do acto publicada en La Voz de Galicia. A crónica do xornal dicía:
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES As Lagoas, invitou onte ao centro educativo ao escritor ourensán Francisco Xosé Fernández Naval, Chisco,para que mantivera un encontro cos alumnos de 2º de Bacharelato que están lendo "A noite branca", a súa última novela. Fernández Naval fixo unha breve introdución aos temas que se tocan no libro e mesmo relatou en primeira persoa as súas sensacións ao revivir, a través dunha viaxe, as peripecias da División Azul no frente ruso en 1941. Toda unha experiencia de vida e de literatura
.
E dicía ben. Recomendamos a todos visitar o blog de Chisco Fernández Naval.

No hay comentarios:

Publicar un comentario