13 mar 2015

O escritor ourensán Carlos Vila Sexto engaiolou aos alumnos e alumnas de 4º da ESO coas súas historias da inspiración no mundo do cómic, do videoxogo, da literatura fantástica. Moito interese despertou a súa precocidade -comezou a escribir aos trece anos- e a súa particpación como guionista en moitas das series de culto da televisión, como a de Historias de Laura. Unha experiencia fermosa contactar co escritor directamente. Moitos dos alumnos e alumnas levaron o seu libro "As sete mortes" para que llo dedicase. Premendo AQUI, podedes ver o video promocional da tradución castelá da obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario