18 mar 2016

Eli Ríos impartiu o obradoiro "A poesía non é para adolescentes" no noso centro

 O 15 de marzo foi un día de actividade frenética no centro. Eli Ríos, a laureada poeta de Ordes, tróuxonos  unha fervenza de enerxía e entusiasmo que nos envolveu no seu obradoiro "A poesía non é para adolescentes".

Para o alumnado de 1º de Bacharelato o obradoiro constitúe "unha experiencia que anima a escribir poesía"  a "enchouparse de arte" e a "botarse á creación". Novas manifestacións poéticas, a través da mestura con outros medios de expresión tamén estiveron presentes. Elí Ríos anima ao alumnado a se expresar creativamente.
Foron quen de facer o seu propio poema a partir dunha proposta imaxinativa e perder o medo a se expresaren en verso.

Despois do obradoiro un grupiño de alumnos aproveitou para facerlle unha entrevista que publicaremos proximamente neste blog.


No hay comentarios:

Publicar un comentario