Non apreciamos o que temos ata que o perdemos. Cantas veces nos ten pasado? En todos os ámbitos: xoguetes, amizades… E sabemos moi ben canto doe… Por que imos deixar que nos pase tamén coa nosa lingua? Como dicía Castelao: “Unha lingua é matriz inagotable de obras de arte”, e nós temos a sorte de ter unha nosa, propia, e tan bonita como é. Xamais podes pensar que es menos que ninguén por falar unha ou outra lingua, e menos se se trata da túa. E menos incluso con toda a historia que ten detrás. Que terá que ver a lingua que utilices co teu nivel de intelixencia? Que non che coman o coco; non te deixes enganar. Defende a túa lingua! Fálaa! Úsaa! Ensínaa! E xamais, xamais, te avergoñes dela!
Defende o teu, defende a túa lingua!
Pedro Gamallo
Alumno !º Bach-C. IES As Lagoas
No hay comentarios:
Publicar un comentario