No
corazón da Ribeira Sacra, interior de Galicia onde se atopan os ríos
Miño e Sil, agóchase entre un manto de verde arboreda o Mosteiro de
Santo Estevo. Hoxe
en día o Mosteiro é un fermoso Parador, pero coma sempre, a xente do
pobo lembra antigas lendas que o preceden e o fan ver dende outra
perspectiva. Así pois vouvos contar
a que eu coñezo:
Remontámonos
ó século X, dentro dos cláustros que foran construídos nos séculos VI
ou VII, cando o mosteiro estaba baixo a autoridade do abade Franquila.
Cóntase, que nas catacumbas que residen baixo
o mosteiro, dorme unha antiga lenda ou conto para os máis excépticos. A
miña nai tivo a sorte de poder visitalas polo seu traballo, pero aínda hoxe non
están abertas ó público..
Ela foi quén me contou o sinistras que estas
son, e o labirínticos que son aqueles corredores subterráneos, mais foi unha velliña do lugar a que me relatou aquela lenda tan
curiosa:
No mosteiro residía un monxe que levaba vida
relixiosa dende os seus 18 anos, que segundo contan, unha noite ao mes
saía as agachadas do edificio a través das catacumbas para atoparse
cunha muller.
Tampouco era de extrañar moito este
comportamento, agás que de un día para outro o monxe deixou de encontrarse
con aquela muller e foi ela a que decidiu adentrarse nas catacumbas do
mosteiro para atopalo. Días despois atopouse á muller
morta naquel labiríntico lugar, e para a nosa sorpresa, era unha monxa
dun convento que se sitúa a uns sete quilómetros do lugar.
A velliña dixo, que ambos relixiosos
coñecíanse dende novos, e que a monxa tivo que levar aquela vida pola
obriga da súa familia. Sen embargo, o rapaz fíxose monxe ó perdela a ela, rexeitando todo tipo de vida con outras mulleres.
Pode que sexa unha de tantas invencións da xente, ou pode que sexa unha de tantas historias de amor.
Aquí vos deixo algunha fotografía do mosteiro, para que deixedes voar a vosa imaxinación.
Rosa María Ruíz Gómez
Alumna de 1ºBac.D
No hay comentarios:
Publicar un comentario