O pasado 20 de maio foi o día elixido para a celebración do tan esperado partido amigable entre a Selección Galega de Fútbol e a Selección Venezolana de Fútbol, no estadio de Riazor (A Coruña). Tras oito anos sen xuntarse, volvíanse a unir os mellores xogadores do fútbol galego logo da vitoria por 3 a 2 sobre a selección iraní en 2008. Segundo a opinión dalgúns adestradores e expertos galegos, esta selección levaba o mellor plantel da historia en canto aos xogadores. Na previa do partido, 18.000 espectadores puideron presenciar como a artista Rosa Cedrón cantou o noso himno que emocionou a toda a afección.
Futbolisticamente, Galicia gozou co balón e iso notouse xa que puso en perigo a portería venezolana durante todo o partido. A selección irmandiña adiantouse cun gol de Iago Aspas no minuto 36. Aínda que Galicia controlou o partido, deixou escapar a vitoria no tempo de prolongación.
A importancia deste partido vai máis alá do futbolístico, esta serie de eventos deportivos galegos, e máis se falamos de fútbol, crean unha irmandade entre a afección viguesa e a afección coruñesa. Ademais, o idioma e o sentimento galego son dignificados nestas ocasións. Na miña opinión, estes eventos deberían celebrarse regularmente xa que disto só se poden sacar aspectos positivos en canto á práctica do idioma e á unión do pobo galego. A Irmandiña representa un símbolo da identidade galega.
Adolfo Güell
Alumno 1º Bac. C - IES As Lagoas
No hay comentarios:
Publicar un comentario