En
Galicia hai unha morea de festas e de costumes, así como de
supersticións, pero a min a festa que máis me gusta dentro das que
hai (o Magosto, a Matanza, o Entroido, Os Maios, A Rapa das
Bestas…) é San Xoán.
A festa de San Xoán está
intimamente ligada ó ciclo solar. A terra, no seu percorrido ó
redor do sol marca dous períodos ben diferenciados: un no que
predomina a escuridade, a noite, no solsticio de inverno, e o outro
marcado pola luz e o día, o solsticio de verán. Este é o momento
do trunfo do sol e nós celebramos este feito coa festividade de San
Xoán. Xa no mundo celta se abría o inicio da estación clara do
ano, do universo diurno e do florecemento da vexetación coa festa de
beltaine (o brillante), a festa do lume e dos druídas. Entón
apagábanse os lumes na casa para ser revividos polo novo lume
druídico. A festa non coincide exactamente co astronómico, senón
que ten lugar unhas datas despois. A festa celébrase a noite do 23 ó
24 de xuño. Día de san Xoán e catro días despois do solsticio de
verán. San Xoán marca deste xeito, o inicio da tempada de traballo
no campo e coincide, no mundo cristián, coa festividade de San Xoán
Bautista. A festa de san Xoán vai unida ó sol, pero tamén está
ligada a outros elementos moi importantes como son a auga, o lume e a
maxia.
O
LUME
Acéndense
lumeiras que son as protagonistas auténticas da noite de San Xoán,
e arredor delas transcorre a festa. Son moitos e variados os nomes
que reciben: fogueiras, cacharelas, lumeiras, luminarias, etc.
Arredor da fogueira comeza a festa, con bailes dos mozos e mozas que
xiran ó seu redor. Tamén é costume saltar por riba do lume. Saltar
o lume equivale a unha forma de liberación de todo mal, é bo contra
o feitizo, o meigallo ou mal de ollo; é unha forma de queimar os
males ou de espantalos. O lume non só prevén, senón que tamén ten
propiedades curativas; doenzas en xeral ou enfermidades da infancia
poden ter solución nesta festividade.
A
AUGA
A
auga, como o lume desempeña un papel simbólico-ritual na festa do
San Xoán. A aparición de ambos elementos en harmonía, pese a súa
aparente incompatibilidade, foi xa xustificada na antigüidade, en
función de que ambos son fundamentais para o mantemento da vida. En
xeral tódalas augas, agás as do mar, vencéllanse ó feminino;
asociándose en moitas lendas a auga á muller. Normalmente, a auga
utilízase na noite e amañecida do San Xoán para rituais
purificadores relacionados co lavado do corpo. O orballo cobra
relevancia por estar asociado ó mundo vexetal e dise que é bon para
previr de males ó gando.
Ron Ninón Janeiro Schneider Am Kolke
Alumno de 1ºBac. C
No hay comentarios:
Publicar un comentario